Tralo aspecto de pulcritude e extrema timidez de Dexter Morgan, un
dos forenses do departamento de policía Miami Metro, agóchase un asasino en serie que escolle
as súas vítimas entre criminais que representan unha ameaza para a sociedade. Esta
é a premisa dramática de Dexter,
serie emitida por Showtime desde 2006 (e que acaba de anunciar dúas novas
temporadas –a sétima e a oitava), adaptación da novela de Jeff Lindsay Dexter. El oscuro pasajero (Darkly Dreaming Dexter, Ed. Umbriel, 2005) e dalgunha das súas secuelas.
Cartaz promocional da serie |
Se
no relato tradicional o misterio radica en descubrir quen é o asasino; en Dexter sabemos que o criminal é a mesma
persoa que axuda a resolver casos que producen arrepíos. Como público asistimos
expectantes ás fazañas do protagonista; xéranos tensión porque estamos empatizando
cun ser de extrema crueldade. Dexter traspasa con folgura a liña que separa o
ben e o mal e proxecta dilemas morais: libra á sociedade de individuos
perigosos, á vez que satisface a súa
necesidade de violencia e destrución. Xustifica isto os actos dun ser humano, demasiado humano…?
Dexter carece da capacidade de sentir, está baleiro por dentro e non sente remordemento algún polos seus actos; ao contrario, experimenta alivio, por el e pola sociedade. En termos de relato esta actitude vital necesita dunha motivación: a orixe da súa psicopatía atópase na infancia, un tempo en que foi testemuña de horripilantes sucesos que o marcaron para sempre. Como consecuencia dese trauma comeza a escoitar a chamada do escuro pasaxeiro, unha voz interior que o arrastra sen remisión cara o crime. Harry, o seu pai adoptivo, no momento en que percibe este impulso irrefreable en Dexter, centra todo o seu empeño en reconducir os seus instintos asasinos impoñéndolle un férreo código de conduta.
O Código de Harry asume de xeito implícito o carácter criminal de Dexter, pero trata de establecer unhas regras básicas para que os seus actos sexan beneficiosos para a comunidade. Harry ensínalle a matar só a quen o merece, non a inocentes. Outra das normas do código é que debe asegurarse de que as súas vítimas son verdadeiramente culpables: Dexter conta con información privilexiada do departamento de policía co que colabora; co cal realiza un seguimento pormenorizado de cada caso. A minuciosidade coa que leva a cabo estas operacións responde a outra das normas, a de non ser descuberto. O Código de Harry é un código de supervivencia; o feito de satisfacer esta necesidade de sangue é o único que pode salvar a Dexter.
Dexter corrompe as normas sociais, liquida o xogo entre o ben ou o mal da tradición xudeocristiá, actúa dun xeito que, contra os nosos propios valores, nos produce unha atracción permanente. A voz en off en primeira persoa, a narración da historia desde o punto de vista do asasino, o ton susurrante e a naturalidade coa que o protagonista nos fai partícipes das súas andanzas son algún dos elementos máis turbadores da ficción. Somos testemuñas en primeira persoa de profundas tribulacións sobre a dobre natureza do ser humano, nunha alegoría que lembra á de Jekyll e Hyde.

Dexter da un
paso á fronte no xeito de concibir este tipo de relatos audiovisuais na relación
personaxe-espectador. Se o noso rol se circunscribía a un papel pasivo, de
meros observadores das investigacións dos crimes, con Dexter pasamos a ser
cómplices. Agora estamos na súa cabeza, compartimos o
seu desasosego mentres escoitamos a súa respiración (ou a nosa?) no
momento de matar. Experiencias novas e excitantes.
No hay comentarios:
Publicar un comentario