miércoles, 27 de marzo de 2013

A poesía na indixencia (II). Leopoldo María Panero


“El caballo de hierro cruza ahora sin miedo / desiertos abrasados de silencio. Deseo / de ser piel roja. / Sitting Bull ha muerto y no hay tambores / para hacerlo volver desde el reino de las sombras. / Deseo de ser piel roja. / Cruzó un último jinete la infinita / llanura, dejó tras de sí vana / polvareda, que luego se deshizo en el viento. / Deseo de ser piel roja. / En la Reservación no anida / serpiente cascabel, sino abandono. / DESEO DE SER PIEL ROJA. / (Sitting Bull ha muerto, los tambores / lo gritan sin esperar respuesta)”.
DESEO DE SER PIEL ROJA é un dos poemas que forman parte de Así se fundó Carnaby Street (Llibres de Sinera, 1970), obra coa cal se deu a coñecer nos círculos literarios Leopoldo María Panero (Madrid, 1948). Brancaneves, Speedy González, Hércules Poirot, Bonnie & Clyde ou Dumbo conviven en páxinas tinguidas de humor e ironía que invocan a nenez e que xorden dunha “situación anímica de fin del mundo”, como recoñece o autor.
"El áspid es más bello que la mujer / y la calavera más hermosa que el hombre” Piedra negra o del tembla (Ed. Libertarias, 1992)
Esta fusión de inocencia e crueldade é unha das marcas de toda a súa traxectoria poética e conforma tamén da paisaxe “barroca” de Teoría (Lumen, 1973) — “las hadas / dulces y muertas sus vestidos sin agua”. Nestas obras de xuventude Panero coloca os primeiros chanzos do que vai constituír un progresivo enaltecemento da dor. Resonancias da sentenza lapidaria (“En la infancia vivimos, luego sobrevivimos”), que pronunciaba en El desencanto (1978), o documental de Jaime Chávarri ao cal o poeta debe boa parte da súa celebridade.
O pretexto de El desencanto é a inauguración da estatua do pai, o tamén poeta Leopoldo Panero (Astorga, 1909-1962), na súa vila natal. O que a priori podería supor un exercicio para honrar a figura do proxenitor desaparecido, convértese nunha batalla dialéctica entre a súa viúva, Felicidad Blanc, e os tres fillos da parella: Juan Luis, Leopoldo María e Michi. Nos mozos aniña un complexo por seren descententes dun poeta afecto ao réxime franquista. El desencanto deixa de lado a nostalxia e o relato biográfico para converterse nunha brillante diagnose da institución familiar como alicerce da sociedade española do século xx e a súa gradual descomposición.
Na nave dos tolos Panero comparte pasaxe cos seus admirados Hölderlin, Trakl ou Nietzsche.
Leopoldo María Panero nunca cesará de alimentar o seu personaxe até que este acabe por devorar a persoa. Desde moi novo renegou das súas orixes altoburguesas iniciando un perigoso xogo de neno rico, militante de grupos de extrema esquerda, alcohólico e politoxicómano. En máis dunha ocasión foi dar cos seus ósos na cadea, lugar onde, segundo o poeta, se rompe la odiosa dicotomía entre lo público y lo privado, se rompe con la odiosa estructuración social del aislamiento. Por ello es el único lugar donde es posible la amistad. Una amistad que dura lo que dura el tiempo de prisión. Se ve que la cárcel es el útero materno y que fuera de él, el Yo se fortalece y empieza por lo tanto la guerra más inútil y más sangrienta: la guerra por ser yo, para lo que haría falta que el otro no existiera. Esto es lo que origina el intercambio de humillaciones que más que el intercambio mercantil, es lo que estructura la sociedad actual”. De seguido comeza unha peregrinaxe por diversos centros psiquiátricos da Península, feito do que sempre culpou a súa nai.
A relación entre Leopoldo María e Felicidad Blanc é a historia dun conflito edípico do que existen pegadas permanentes na súa obra. El acúsaa de ser a culpable do seu primeiro ingreso nun sanatorio, dos seus intentos de suicidio e mesmo da súa demencia. Unha relación de amor e odio que en ocasións deixa entrever a faciana máis vulnerable do poeta, cando Felicidad se atopa enferma, unha tenue luz parece que os achega: “Escucha en las noches cómo se rasga la seda / y cae sin ruido la taza de té al suelo / como una magia / tú que sólo palabras dulces tienes para los muertos / y un manojo de flores llevas en la mano / para esperar a la Muerte / que cae de su corcel, herida / por un caballero que la apresa con sus labios brillantes / y llora por las noches pensando que le amabas, / y dice sal al jardín y contempla cómo caen las estrellas / y hablemos quedamente para que nadie nos escuche / ven, escúchame hablemos de nuestros muebles / tengo una rosa tatuada en la mejilla y un bastón con empuñadura en forma de pato / y dicen que llueve por nosotros y que la nieve es nuestra / y ahora que el poema expira / te digo como un niño, ven / he construido una diadema / (sal al jardín y verás cómo la noche nos envuelve).” “A MI MADRE (reivindicación de una hermosura)”, de Poemas del manicomio de Mondragón (Hiperión, 1987).

Felicidad Blanc con Juan Luis, Michi e Leopoldo María. Fotograma de El desencanto.
Deixando de lado as ficción do eu, os textos de Panero amosan unha poesía sen enfeites, afastada de todo sentimentalismo. A súa voz indómita rexeita o banal na procura dun diálogo permanente coa cultura. Os seus versos están inzados de referencias mitolóxicas, bíblicas e metaliterarias, nun caos fragmentario e polisémico que non é máis que o seu xeito de explorar os límites da realidade. Lacan, Deleuze, Artaud, Kierkegaard, entre moitos outros, son revisitados unha e outra vez. Por citar un exemplo concreto, do danés toma o pseudónimo de Johannes de Silentio —utilizado por Kierkegaard en Temor y temblor— para asinar o prólogo de Narciso en el acorde último de las flautas (Visor, 1979), no cal realiza unha apoloxía do silencio, a calidade que mellor define o poeta, aquel que non é nunca lido, ou sexa escoitado. Panero volvería a Kierkegaard en El que no ve (La banda de Moebius, 1980) rememorando heterodoxo o Diario de un seductor: “No es tu sexo lo que en tu sexo busco / sino ensuciar tu alma: / desflorar / con todo el barro de la vida / lo que aún no ha vivido”. Semella evidente que para Panero unha das funcións da poesía é producir desacougo.
Leopoldo María Panero aniquilou a vertente estética da poesía para centrarse en descifrar os enigmas do (seu) mundo, e alertarnos —á súa maneira— das trampas que nos aseitan, se cadra a máis flagrante é que a cultura e a historia devecen por suprimir a infancia, o cal nos extirpa definitivamente da vida, que se converte en pouco menos que un calvario. O poeta abraza a indixencia a través de dous rostros recoñecibles: a loucura —ou a lucidez insoportable, que diría Chavarri— e a literatura.
El desencanto ten a súa continuación en Después de tantos años (1994) de Ricardo Franco, filme aínda máis decadente que o seu predecesor. Alí asistimos ao patético deambular dun poeta nado baixo o signo de Saturno. “Qué es la magia, preguntas / es una habitación a oscuras. / Qué es la nada, preguntas, / saliendo de la habitación. / Y qué es un hombre saliendo de la nada / y volviendo solo a su habitación”. Ars Magna, de Contra España y otros poemas no de amor (Ed. Libertarias, 1990). Fuxiría hoxe Leopoldo M. do sanatorio?, cara a onde, en que parque estará?, en que banco, en que portal durmirá estas noites chuviosas? A única certeza é que a poesía deste maldito ha perdurar durante séculos.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

UA-32116171-1